Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 1 de marzo de 1999 pola que se somete a información pública y posterior trámite de audiencia ós interesados o expediente para a declaración da costa de Dexo (concello de Oleiros-A Coruña) como monumento natural.

A Lei 4/1989, de 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da fauna e flora silvestre regula, no seu título III, as figuras de protección que se aplicarán nos espacios naturais, establecendo que poderán ser monumentos naturais aqueles espacios ou elementos da natureza constituídos basicamente por formacións de notoria singularidade, rareza ou beleza, así como por formacións xeolóxicas, xacigos paleontolóxicos e demais elementos da xea que reúnan un especial interese pola súa singularidade ou importancia dos seus valores científicos, culturais ou paisaxísticos; por todo isto,

RESOLVO:

Para os efectos previstos no artigo 16 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre, ábrese un prazo de información pública e posterior trámite de audiencia ós interesados, para a declaración da costa de Dexo como monumento natural.

O que se fai público para que poida ser examinado nas oficinas da Subdirección Xeral de Medio Ambiente Natural da Consellería de Medio Ambiente (San Larazaro, Santiago de Compostela) ou na delegación desta consellería de Medio Ambiente na Coruña (praza de Luis Seoane, s/n, 5ª planta, 15008 A Coruña), para que se formulen ó expediente cantas alegacións se consideren oportunas, nun prazo de 30 días contados desde o seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez rematado o dito prazo abrirase ó día seguinte o período de audiencia ós interesados por un prazo de 15 días.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1999.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente