Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos que se citan. (Expediente LU-E 1/1999 e oito máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rafael López Charques e secretaria a xefa do Negociado, Inés Docando Casanova, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE do 27 de novembro).

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para presentar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13 d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá

ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993 (BOE do 9 de agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de novembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro).

Lugo, 2 de febreiro de 1999.

José Mª Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

NomeDNI/NIFNº expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioMulta máxima

Diyelo, S.L.B-27.168.061LU-E 1/199926 e) LO 1/1992Paseo Malecón, s/n, MonforteAta 50.000 ptas.

Koke Vilalba, S.L.B-27.206.416LU-E 2/199926 e) LO 1/1992r/ Cidade de Viveiro, VilalbaAta 50.000 ptas.

Luis Vázquez Rguez.78.780.992LU-E 3/199926 e) LO 1/1992Suafonte, 31, BurelaAta 50.000 ptas.

José Eduardo Fdez. Palacios33.825.003LU-E 4/199926 e) LO 1/1992Montero Ríos, 25-27, LugoAta 50.000 ptas.

Koke Vilalba, S.L.B-27.206.416LU-E 10/199926 e) LO 1/1992r/ Cidade de Viveiro, VilalbaAta 50.000 ptas.

Minimal Pub, S.L.B-27.219.690LU-E 11/199926 e) LO 1/1992r/ Galicia, 9, LugoAta 50.000 ptas.

Koke Vilalba, S.L.B-27.206.416LU-E 12/199926 e) LO 1/1992r/ Cidade de Viveiro, VilalbaAta 50.000 ptas.

Luis Vázquez Rodríguez78.780.992LU-E 16/199926 e) LO 1/1992Suafonte, 31, BurelaAta 50.000 ptas.

Mª Carmen Álvarez Pérez76.938.963LU-E 18/199926 e) LO 1/1992Avda. Calvo Soteo, 30, RibadeoAta 50.000 ptas.