Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 11 de febreiro de 1999, pola que se aproba o cambio de dominio da batea Rouco Ríos número 5 (Cangas-G-20).

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización de acordo co artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101 do 31-5-1993) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228 do 21-11-1996) e que foi acreditado a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Rouco Rios nº 5.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Cangas G, cuadrícula nº 20.

Data da concesión: 23-4-1964 (BOE nº 120).

Data na que remata a derradeira prórroga: 23-4-2004.

Anterior concesionario: Elvira Piñeiro Bernárdez (35.895.444).

Novo titular da concesión: Francisco Javier Carro Piñeiro (76.804.557 J), Laureano Carro Piñeiro (78.732.767 H).

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 11 de febreiro de 1999.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG nº 134 do 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Pontevedra