Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.780

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se acorda dar publicidade ó acordo do 8-1-1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración do impacto ambiental do proxecto de explotación para arxila da concesión derivada do permiso de investigación denominado Villalonga 2517, 2ª fracción.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro) de avaliación do impacto ambiental para Galicia a delegada provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra

RESOLVE:

Dar publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 8-1-1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración do impacto ambiental do proxecto de explotación de arxila da concesión derivada do permiso de investigación denominada Villalonga nº 2517 2ª fracción, sito en terreos do termo municipal de Sanxenxo, provincia de Pontevedra, promovido por Epifanio Campo Fernández.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 3,3 ha dentro do espacio soli

citado para a concesión mineira de 11 cuadrículas mineiras, comprendidas entre os paralelos 42º 26' 00', 42º 24' 40'' norte, e polos meridianos 8º 50' 20'', 8º 49' 00'' oeste, e foi incorporada ó expediente da concesión Villalonga nº 2517 2ª fracción, encontrándose á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 18 de febreiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra