Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 09 de marzo de 1999 Páx. 2.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (6/1999).

A Alcaldía Presidencia, con data do 24 de febreiro de 1999, dictou resolución do seguinte teor:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa (Exp. 6/1999) para a adquisición de terreos afectados polo espacio libre de carácter público lindante coa Cidade Deportiva da Torre, cun custo previsto de execución que ascende á cantidade de corenta e un millóns duascentas setenta mil oitocentas trinta e catro pesetas (41.270.834 ptas.), en relación co citado gasto practicará a oportuna retención de crédito pola Intervención Municipal.

2. Optar para a execución do citado proxecto polo procedemento de taxación conxunta.

3. Somete-lo citado proxecto ó trámite de información pública polo termo dun mes, mediante a inserción dos correspondentes anuncios na prensa e diarios oficiais, así como notificación persoal ós interesados nos termos que determina o Art. 145.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, todo para efectos de que durante o citado prazo poida ser consultado nas dependencias do Servicio de Urbanismo deste concello, de lunsa a venres entre as 12 e as 13.30 horas e presentar cantas alegacións se consideren oportunas en relación co obxecto do expediente.

O que se fai público para efectos no artigo 145.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, advertindo os posibles interesados de que a consulta

do expediente poderá facerse nas oficinas de Xestión do Servicio de Urbanismo de luns a venres desde as 12 ata as 13.30 horas.

A Coruña, 1 de marzo de 1999.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Alcalde