Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 09 de marzo de 1999 Páx. 2.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1999 pola que se anuncia concurso para a subministración de material deportivo con destino ás escolas deportivas municipais.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras. b) Número de expediente: S99/16.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: material deportivo. b) División por lotes e número: c) Lugar de entrega: véxase punto 1. d) Prazo de entrega: fixarano os licitadores na súa oferta, e non poderá ser superior a un mes.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 8.500.000 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da pubicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica.

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: ver prego de cláusulas administrativas particulares. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador) para optar ó concurso para a subministración de material deportivo con destino ás escolas deportivas municipais».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 1 de marzo de 1999.

O alcalde

P.D.

Rubricado