Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 09 de marzo de 1999 Páx. 2.727

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1999 pola que se fai pública a adxudicación do concurso aberto convocado para a adquisición de vivendas en fase de proxecto no concello de Cerceda (expediente C-98/501).

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral do IGVS do 16 de febreiro de 1999, adoptada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, foi adxudicado o contrato á empresa Cupabi, S.A., por un importe de catrocentos vintecinco millóns setenta e tres mil cincocentas dezasete (425.073.517) pesetas, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 1999.

P.D. (Resolución do 6-4-1995)

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo