Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 09 de marzo de 1999 Páx. 2.725

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolucións en expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos (319/1998 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei

orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial número 2091/0707/01/3110000025 de Caixa Galicia, urbana nº 40 da Coruña, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Fernando Macías, 18-1º, A Coruña.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 27 de xaneiro de 1999.

P.S. (Decreto 227/1998, do 20 de xullo)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Consellería de Xustiza,

Interior e Relacións Laborais

ANEXO

Número

expediente

Denunciado

DNI/CIF

Enderezo

Establecemento

Precepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

319/98Artisane, S.C.G-15.530.223r/ Gómez Ulla, 18, Santiago de CompostelaDiscoteca Factoría26 e) LO 1/199228 LO 1/1992Caducidade

358/98Artisane, S.C.G-15.530.223r/ Gómez Ulla, 18, Santiago de CompostelaDiscoteca Factoría26 e) LO 1/199228 LO 1/1992Caducidade

410/98Elena Pazos Gómez76.333.174Avda. dos Caídos, 42-2º C, A CoruñaPub Helens's26 e) LO 1/199228 LO 1/199230.000 ptas.

563/98Chic Mera, C.B.

(J.L. Herrero Ayuso e J.M. Mira Reymúndez)

15.604.200r/ Celso Emilio Ferreiro, 6, Serantes-Mera (Oleiros)Cafetería Chic Mera26 e) LO 1/199228 LO 1/1992Sobreser

579/98Chic Mera, C.B.

(J.L. Herrero Ayuso e J.M. Mira Reymúndez)

15.604.200r/ Celso Emilio Ferreiro, 6, Serantes-Mera (Oleiros)Cafetería Chic Mera26 e) LO 1/199228 LO 1/1992Sobreser

680/98Artisane, S.C.G-15.530.223r/ Gómez Ulla, 18, Santiago de CompostelaDiscoteca Factoría23 o) LO 1/199228 LO 1/1992Caducidade