Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 09 de marzo de 1999 Páx. 2.721

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 5 de febreiro de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Anca IX.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio)

e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome do viveiro: Anca IX.

Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 213 Cambados G.

Data da concesión: 20-5-1964.

Data do remate da última prórroga: 13-6-2004.

Anteriores concesionarios: Galiñanes López, José (35.414.655) e Romero Charlín, Encarnación (35.424.176).

Novo titular concesión: Otero Leiro, Diana (35.441.633).

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 5 de febreiro de 1999.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134, do 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo