Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 09 de marzo de 1999 Páx. 2.718

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/10-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. a C.T. granxa Coren en Calvos de Randín.

Situación: Calvos de Randín.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 1.239 m en conductor LA-56, con orixe en apoio da L.M.T. existente a C.T. cooperativa de Calvos e remate no C.T. aéreo proxectado con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V de granxa Coren en Marotos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 5 de febreiro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

1444