Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 09 de marzo de 1999 Páx. 2.714

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1999 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras de clave N/AC/90.6.2, E/SC/PO/97.1.

a) Obra.

1. Nova estrada de enlace desde AC-543 a N-550 Vidán-A Rocha. Conexións novo Hospital Clínico.

Clave: N/AC/90.6.2.

Orzamento: trinta e oito millóns novecentas cincuenta e seis mil novecentas sesenta e sete pesetas (38.956.967).

Prazo de execución: 5 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 779.139.

2. Mellora do trazado da estrada PO-300 (Pontevedra-Cambados) p.k. 12,000.

Clave: E/SC/PO/97.1.

Orzamento: cincuenta e oito millóns duascentas trinta e catro mil cento setenta e catro pesetas (58.234.174).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Garantía provisional: 1.164.683.

(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada na alínea a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que

non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do quinto día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 1999.

P.D. (Orde do 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda