Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 09 de marzo de 1999 Páx. 2.713

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 1999 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 98/042 de catedrático de universidade convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1472/1986, de 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidade os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión encargada de resolve-lo concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 98/042 convocada por resolución rectoral do 5 de xuño de 1998 (BOE do 29 de xuño), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade

no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

A Coruña, 15 de febreiro de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: arquitectura e tecnoloxía de computadores.

Praza nº: 98/042.

Comisión titular:

Presidente: López Zapata, Emilio, catedrático de universidade. Universidade de Málaga.

Secretario: Tirado Fernández, Francisco, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocais:

Ripoll Aracil, Ana María, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Valero Cortés, Mateo, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Serrano Martín, Juan José, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.

Comisión suplente:

Presidente: Duato Marín, José, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.

Secretario: García Fernández, Inmaculada, catedrático de universidade. Universidade de Almería.

Vocais:

Navarro Guerrero, Juan José, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Medina Linas, Manuel, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Gregorio Monasterio, José Angel, catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.