Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 08 de marzo de 1999 Páx. 2.678

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Sectorial de Cultivos Alternativos Galicia Producto Natural.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación Sectorial de Cultivos Alternativos Galicia Producto Natural, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas ou xurídicas relacionadas cos cultivos alternativos entre os que destacará o caracol, os cogumelos, plantas mediciñais e agricultura biolóxica.

Asinan a acta de constitución: María del Rocío Piñeiro Santos, e dez persoas máis.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 1999.

José Mª Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais