Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 08 de marzo de 1999 Páx. 2.675

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 5 de febreiro de 1999 pola que aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Celeste V.

Visto o expediente incoado por Mª Celeste Muñiz Otero, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa do viveiro fluctuante de cultivo de ostra plana denominado Celeste V, outorgado pola orde ministerial do 21-9-1980, situado na cuadrícula nº 59, do polígono F do Grove, rematando a concesión o 25-10-1999, e do que era titular Mª Digna Otero Filgueira.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, a acta de declaración de herdeiros outorgada pola interesada, a relación de bens e a documentación acreditativa do pagamento ou da presentación ó pagamento do imposto de sucesións e doazóns, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titulares da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Mª Celeste Muñiz Otero (35.450.366).

A nova titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas da anterior, así como queda obrigada a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 5 de febreiro de 1999.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134, do 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo