Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,
sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Santa Eulalia-Artoño-Buxel.
Situación: Agolada.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 659 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 29 da L.M.T. Agolada ata o C.T. que se proxecta en Buxel, concello de Agolada. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, de 236 m de lonxitude desde o C.T. de Buxel e 1.885 m desde o C.T. Artoño-Capela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 19 de xaneiro de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra