Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 08 de marzo de 1999 Páx. 2.671

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 15 de febreiro de 1999, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00729-S-O-98 e dous máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral

de Transportes, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 1999.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-00729-S-98

M-2026-SH

Policía Municipal

Lucita Perdiz López

La Parda Bloque, 3-3º D

360 Pontevedra

Realiza un transporte de viaxeiros sen autorización. Vehículo lixeiro.

16-3-1998; 14.55.13

Art. 90 da Lei 16/1987 e 109 do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199050.000 ptas.
XC-00262-S-98

C-2593-B

G.C. Tráfico

Moledo Fontán e Hijos, S.L.

A Rasa de Abaixo (serradoiro), s/n

15200 Noia (A Coruña)

Realizar un transporte privado complementario de mercadorías, 8.000 kg de madeira, carecendo de tarxeta de transporte. Ostenta distintivos MPC-comarcais.

11-3-1998; 11.45; C-543; 28

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE 30) Art. 103 da Lei 16/1987 e Art. 158 do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990100.000 ptas.

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-00724-S-98

C-6912-AT

G.C. Tráfico

Dicanor, S.L.

Sol, 159

15401 Ferrol (A Coruña)

Realizar un transporte privado de mercadorías desde Ferrol ata Ponte do Porto, carecendo de tarxeta de transporte.

18-6-1998; 10.35; AC-432; 07

Art. 103 da Lei 16/1987 e Art. 158 do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199050.000 ptas.