Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 08 de marzo de 1999 Páx. 2.668

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 15 de febreiro de 1999, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-0024-I-98).

Por medio desta cédula notifícaselle á denunciada, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de Transportes, dentro do prazo dun mes, contado

desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 1999.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

Expediente: DX-00024-I-98.

Matrícula: VA-5283-AD.

Denunciante: LE9OR0032413918.

Denunciada: Ana María Poza Flórez.

Último enderezo coñecido: Ecuador, 11-4 C, 4714 Valladolid.

Feito denunciado: realizar transporte público de mercadorías (botes) co vehículo VA-5283-AD (que arrastra o semirremolque VA-1597-R) provisto de autorización de transporte da serie MDP-N e carece dos preceptivos distintivos correspondentes á citada autorización. 11-12-1997, 10.45, N-VI 454.

Precepto infrinxido: O.M. 25 de outubro de 1990.

Precepto sancionador: 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

Sanción imposta: 15.000 ptas.