Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 08 de marzo de 1999 Páx. 2.625

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 1999 de integración na escala superior de estatísticos e na escala técnica de estatísticos de determinados funcionarios da Xunta de Galicia.

Mediante os decretos 262/1996 e 263/1996, do 6 de xuño, regulouse a integración na escala técnica de estatísticos e na escala superior de estatísticos, respectivamente, de determinados funcionarios da Xunta de Galicia.

No artigo 1º dos respectivos decretos, establécese a integración na correspondente escala dos/as funcionarios/as que acreditaban os requisitos sinalados neles, integración acordada por resolucións desta consellería do 28 de abril de 1998.

Por outra banda, nos artigos 3 e 4 de ámbolos dous decretos, establécese a integración dos/as funcionarios/as que reúnan os requisitos sinalados e superen o curso a que se refire o artigo 5º deles; curso que, con respecto á escala superior de estatísticos, foi convocado por orde desta consellería do 14 de outubro de 1998 (DOG nº 202, do 19 de outubro).

Unha vez finalizado o devandito curso, para xeral coñecemento e de conformidade co artigo 8 do Decreto 263/1996, do 6 de xuño, que establece que a integración prevista na dita norma finalizará mediante resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública,

RESOLVO:

Primeiro.

1. Publicar no Diario Oficial de Galicia a relación de funcionarios/as integrados/as na escala superior de estatísticos efectuada por resolución desta consellería do 28 de abril de 1998:

Apelidos e nomeDNI

Carbonell de Masy, Elena29.966.467

Mirás Amor, Julio32.306.197

Silva Costoya, María35.407.151

2. A integración terá os efectos que se determinan na devandita resolución de integración.

Segundo.

1. Publicar no Diario Oficial de Galicia a relación de funcionarios/as integrados/as na escala técnica de estatísticos efectuada por resolución desta consellería de data 28 de abril de 1998:

Apelidos e nomeDNI

Fernández Vázquez, Adelina34.596.410

García López, Mercedes33.782.950

Lozano Rodríguez, Francisco11.666.509

Rodríguez Hernández, Mª Carmen34.943.490

Siso Vega, María32.402.024

2. A integración terá os efectos que se determinan na devandita resolución de integración.

Terceiro.

1. Integrar con carácter definitivo mediante a presente resolución, na escala superior de estatísticos,

grupo A, os/as funcionarios/as que a seguir se relacionan, por considerarse cumprido o establecido no artigo 5 do Decreto 263/1996, do 6 de xuño.

Apelidos e nomeDNI

Fernández González, Rosa Elvira11.377.475

Iglesias Patiño, Carlos Luis32.755.761

Linares Cuerpo, Mª Dolores35.992.391

Ordax-Avecilla Varela, Federico33.784.834

Santiso Blanco, Jorge Antonio33.210.874

Siso Vega, María32.402.024

Rodríguez Hernández, Mª Carmen34.943.490

2. Os/as funcionarios/as integrados na escala continuarán desempeñando os mesmos postos que, con carácter definitivo ou provisional, desempeñen na data de efectos.

3. A integración non producirá cambios na situación administrativa que corresponda ós/ás funcionarios/as afectados e terá efectos desde o día seguinte ó da data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

4. A xefatura de persoal do centro ó que estea adscrito/a o/a funcionario/a consignará no título administrativo a correspondente dilixencia, da que enviará copia á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido na disposición transitoria primeira, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 1999.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública