Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 05 de marzo de 1999 Páx. 2.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se anuncia a exposición da lista de solicitudes con defectos de documentación correspondentes á provincia de Lugo, presentadas ó abeiro da Orde do 15 de xuño de 1998, de axudas a accións de desenvolvemento e ordenación dos bosques.

O artigo 12.1º da Orde do 15 de xuño de 1998, de axudas a accións de desenvolvemento e ordenación dos bosques (DOG do 17 de xuño) establece que, unha vez revisadas as solicitudes presentadas, serán expostos nos taboleiros de anuncios dos servicios provinciais de Montes e Industrias Forestais correspondentes as listas de solicitudes que presentan defectos de documentación, co fin de que os interesados poidan achegar aqueles documentos

que falten e/ou emendar aqueloutros que non estean debidamente cubertos.

Por iso, para tal efecto,

RESOLVO:

Artigo único.

a) A partir do día seguinte o da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, será exposta ó publico, durante dez días, no taboleiro de anuncios do Servicio Provincial de Montes e Industrias Forestais de Lugo, a lista de solicitudes con defectos de documentación, na que se indicará, ademais, os erros e/ou omisións que deberán ser corrixidos.

b) Dentro do citado prazo de dez días, os afectados poderán comparecer no servicio provincial de Montes e Industrias Forestais e disporán doutro prazo de dez días, contado a partir do seguinte ó da súa comparecencia no servicio provincial, para emenda-los defectos de documentación que afecten os seus expedientes.

c) No caso contrario, o seu expediente será arquivado sen máis trámite, de acordo co previsto no devandito artigo 12.1º da devandita orde.

d) Esta resolución serviralles de notificación ós interesados.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1999.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural