Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 05 de marzo de 1999 Páx. 2.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1999, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se anuncia a exposición da lista de solicitudes con defectos de documentación correspondentes á provincia de Lugo, presentadas ó abeiro da Orde do 15 de xuño de 1998, de axudas a medidas forestais na agricultura.

O artigo 10.1º da Orde do 15 de xuño de 1998, de axudas a medidas forestais na agricultura (DOG do 17 de xuño) establece que, unha vez revisadas as solicitudes presentadas, serán expostos nos taboleiros de anuncios dos servicios provinciais de Montes e Industrias Forestais correspondentes as listas de solicitudes que presentan defectos de documentación, co fin de que os interesados poidan achegar aqueles documentos que falten e/ou emendar aqueloutros que non estean debidamente cubertos.

Por iso, para tal efecto,

RESOLVO:

Artigo único.

a) A partir do día seguinte o da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, será exposta ó publico, durante dez días, no taboleiro de anuncios do Servicio Provincial de Montes e Industrias Forestais de Lugo, a lista de solicitudes con defectos de documentación, na que se indicará, ademais, os erros e/ou omisións que deberán ser corrixidos.

b) Dentro do citado prazo de dez días, os afectados poderán comparecer no servicio provincial de Montes e Industrias Forestais e disporán doutro prazo de dez días, contado a partir do seguinte ó da súa comparecencia no servicio provincial, para emenda-los defectos de documentación que afecten os seus expedientes.

c) No caso contrario, o seu expediente será arquivado sen máis trámite, de acordo co previsto no devandito artigo 10.1º da devandita orde.

d) Esta resolución serviralles de notificación ós interesados.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1999.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural