Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 05 de marzo de 1999 Páx. 2.580

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 1 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, polo que se fai pública a resolución definitiva do proceso de selección para a cobertura temporal de catro prazas do Servicio Central de Prevención de Riscos Laborais do persoal de institucións sanitarias do Sergas.

A resolución definitiva do citado proceso de selección, será exposta na mesma data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia nos taboleiros de anuncios das xerencias das institucións sanitarias do Sergas, da Secretaría Xeral do Sergas, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, das delegacións provinciais do devandito organismo, das direccion provinciais do Sergas e da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos do Sergas