Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 04 de marzo de 1999 Páx. 2.525

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (306/1998).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 11 de febreiro de 1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente os estatutos e bases de actuación da xunta de compensación do polígono 2 da zona 2 do SU-32, a petición de Sofalco, S.L. representada por Albino Pérez Rodríguez, coa modificación base 3ª letra e), que conforme o artigo 142 c) da Lei 6/1998, sobre réxime do solo e valoracións, en relación do artigo 70.2º b) da Lei do solo de Galicia a redacción debe se-la seguinte: «Cesión obrigatoria e gratuíta ó concello da parcela ou parcelas do polígono en que teña que materializarse a cesión do 10% do aproveitamento tipo da área de reparto».

Somete-lo expediente a información pública polo prazo de vinte días en forma regulamentaria, con citación persoal dos propietarios afectados.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente, a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 17 de febreiro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde