Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 04 de marzo de 1999 Páx. 2.525

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO.

No BOP número 89, do 21 de abril de 1998 e no Diario Oficial de Galicia número 115, do 17 de xuño do mesmo ano, publicáronse as bases específicas reguladoras para a provisión, en propiedade, quenda de promoción interna, de 5 prazas de auxiliares de Administración xeral.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 30 de xuño de 1998, dispuxo a rectificación das bases referidas no sentido seguinte: engádeselles unha nova base que dirá o seguinte:

«Para tomar parte nestas probas selectivas os aspirantes deberán aboar dereitos de exame, que serán de 1.000 ptas.».

Ferrol, 15 de outubro de 1998.

O alcalde

Rubricado