1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.
a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.
b) Número de expediente: O99/5.
2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de balizamento luminoso da rotonda de Riazor e iluminación ornamental do xardín.
Prazo de execución: dous meses.
3. Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma de adxudicación: poxa.
4. Orzamento base de licitación: 11.141.043 ptas. (IVE incluído).
5. Garantía provisional: 222.829 pesetas.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: véxase punto 1. b) Domicilio: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Clasificación: non se esixe.
8. Presentación de proposicións:
a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica:
a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: o quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles («Proposición económica», «Documentación administrativa») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de balizamento luminoso da rotonda de Riazor e iluminación ornamental do xardín. (Ref. O99/5)».
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 23 de febreiro de 1999.
O alcalde
P.D.
Rubricado