Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 04 de marzo de 1999 Páx. 2.517

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria mediante concurso, da subministración de lencería e vestiario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na alínea i) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria mediante concurso, da subministración de lencería e vestiario.

Obxecto e orzamento.

Lote nº 1: subministración de lencería e roupa para pacientes, por un orzamento máximo de vinteún millóns novecentas mil pesetas (21.900.000 ptas.) (IVE incluído).

Lote nº 2: subministración de uniformes para o persoal, por un orzamento máximo de cinco millóns trescentas corenta mil pesetas (5.340.000 ptas.) (IVE incluído).

Lote nº 3: subministración de zocos e botíns, por un orzamento máximo de dous millóns setecentas sesenta mil pesetas (2.760.000 ptas.) (IVE incluído).

Prazo de entrega.

O material obxecto do presente concurso público deberá ser entregado no prazo dun mes contado a partir da data de notificación de adxudicación.

Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n, (27004) Lugo. Tfno. 982 29 65 52 e fax 982 21 29 24.

Fianzas.

Deberá consignarse unha fianza provisional de catrocentas trinta e oito mil pesetas (438.000 ptas.) para o lote nº 1, de cento seis mil oitocentas pesetas (106.800 ptas.) para o lote nº 2, e de cincuenta

e cinco mil duascentas pesetas (55.200 ptas.) para o lote nº 3, e unha fianza definitiva do 4% do orzamento.

As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Solvencia económica e financeira.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Clasificación.

Non se precisa.

Criterios de adxudicación.

-Valoración técnica e calidade, ata 5 puntos.

-Prezo, ata 4 puntos.

-Prazo de entrega, ata 2 puntos.

Admisión de variantes.

Admítese ata un máximo de tres variantes.

Presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 18 de xaneiro de 1999.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo