Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 03 de marzo de 1999 Páx. 2.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia o concurso S-58/1999, polo procedemento aberto, para a subministración sucesiva de 700.000 tarxetas sanitarias (350.000 durante o ano 1999 e 350.000 durante o ano 2000), de plástico, con banda magnética, personalizadas en anverso e reverso.

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 981 54 57 65; fax 981 54 27 62, 15771 Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación : concurso polo procedemento aberto.

3. a) Lugar de entrega dos bens obxecto da subministración:

As tarxetas ensobradas e ensacadas entregaranse nas estafetas de correos que se indiquen polo Servicio Galego de Saúde.

b) Natureza e cantidade dos productos que deban subministrarse:

Subministración sucesiva de 700.000 tarxetas sanitarias (350.000 durante o ano 1999 e 350.000 duruante o 2000), de plástico, con banda magnética, personalizadas en anverso e reverso.

Orzamento total: corenta e seis millóns de pesetas (46.000.000 de ptas.), IVE incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes ou polo conxunto das subministracións requiridas: pola totalidade.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ver apartados 3.3 e 3.4 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 981 54 57 65; fax 981 54 27 62, 15771 Santiago de Compostela.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 29 de marzo de 1999.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 5 de abril de 1999.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. (División de Recursos Económicos do Servicio Galego de Saúde). Edificio administrativo San Caetano, bloque 2, 2º piso, 15771 Santiago de Compostela.

c) Lingua o linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Caetano ( 2º piso, ático ala norte, a partir das 9.30 horas do 16 de abril de 1999).

8. Garantías esixidas: garantía provisional polo 2% do orzamento de licitación.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: a troco da presentación de factura, logo de conformidade prestada polo servicio que promove a contratación.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la a agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver apartado 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver anexo IV ó prego de cláusulas administrativas.

14. Admisión de variantes: non se admiten.

15. Información complementaria: no enderezo e servicio indicados no punto 5.

16. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa:

17. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 12 de febreiro de 1999.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

19. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 1999.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos