Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 03 de marzo de 1999 Páx. 2.469

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1999 pola que se anuncia o concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, dun contrato de servicios, consistente na impresión e distribución de seis números da revista Consumidores e de catro boletíns da Axencia Europea de Información ós Consumidores.

Entidade adxudicadora: Instituto Galego de Consumo.

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Obxecto do contrato: a preimpresión, impresión, fotomecánica, encadernación e distribución de seis números da revista Consumidores e de catro boletíns da Axencia Europea de Información ós Consumidores para a súa entrega con carácter bimensual nos meses que van de xaneiro a decembro de 1999, todo iso con estricta suxeición ás prescricións técnicas.

Prazo de execución: o prazo de execución comprenderá desde a data da sinatura do contrato ata o cumprimento total das obrigas derivadas del. En todo caso o dito prazo de execución non deberá exceder do 31 de decembro de 1999.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Solvencia económica financeira e técnica: deberase acredita-la solvencia económica e financeira a través dun informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante dun seguro de indemnización por riscos profesionais, de conformidade co establecido no artigo 16.1.a) de LCAP. A solvencia técnica e profesional acreditarase mediante unha declaración do material, instalacións e o equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato, tal como dispón o artigo 19.e) da LCAP.

Orzamento base de licitación: once millóns de pesetas (11.000.000 pesetas), IVE incluído, sendo o importe da impresión e distribución de cada un dos números da revista Consumidores de 1.500.000 pesetas e de cada un dos boletíns da Axencia Europea de Información ós Consumidores de 500.000 pesetas.

Garantías:

Provisional: 2% do orzamento do contrato (220.000 pesetas).

Obtención de documentación e información:

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Enderezo: praza de Europa, 10-A -2º.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

-Teléfono: 981 54 45 12.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

-Clasificación: non se esixe.

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Enderezo: praza de Europa 10 A, 2º (edificio Área Central).

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Prazo: comprenderá desde a formalización do contrato ata o cumprimento total das obrigas derivadas del. En todo caso o dito prazo de execución non deberá exceder do 31 de decembro de 1999.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura de ofertas:

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Enderezo: praza de Europa 10 A, 2º (edificio Área Central).

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Data: décimo primeiro día natural do da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: once horas.

Gastos de anuncios: o importe de este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1999.

Jorge J. Rodríguez Vázquez Molezún

Presidente do Instituto Galego de Consumo