Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 03 de marzo de 1999 Páx. 2.462

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1999, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto -trámite de urxencia- para a contratación da subministración do equipamento de lavandería para a residencia da terceira idade de Oleiros (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servios Sociais-Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: equipamento lavadora para a residencia da terceira idade de Oleiros (A Coruña).

b) Número de unidades: ver prego técnico.

c) División por lotes: lote único.

d) Lugar de entrega: residencia da terceira idade de Oleiros (Lugar da Pousada, s/n, Oleiros-A Coruña).

e) Prazo de entrega: trinta (30) días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base licitación: cinco millóns cincocentas mil pesetas (5.500.000 ptas.; 33.056 euros).

5. Garantías.

Provisional: cento dez mil (110.000) pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais e delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n-Edificio Pirámide.

c) Localidade: 15771 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 56 77; fax 981 54 56 63.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario.

b) Documentación que hai que presentar: ver cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (edificio administrativo San Caetano, s/n, 2ª planta-Santiago de Compostela).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Servicios Sociais.

b) Domicilio: sala de xuntas (ver punto 6.b).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día natural seguinte ó de remate de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos dos anuncios: o pagamento do presente anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 1999.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais