Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 03 de marzo de 1999 Páx. 2.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/10-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e C.T.C. na Avda. do Xeneralísimo, s/n.

Situación: Ordes.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 187 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que parte da L.M.T. a C.T. Calvo Sotelo pasando polo C.T. tipo interior na Avda. do Xeneralísimo s/n de 400 kVA. Concello de Ordes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 27 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña