Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 03 de marzo de 1999 Páx. 2.454

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1999, da Xefatura Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación de bens afectados polas obras N-AC-90.6.2 nova estrada de enlace desde a AC-543 á N-550 (Vidán-A Rocha), conexións co novo hospital clínico, termo municipal de Santiago de Compostela.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 27 de xaneiro de 1999 o director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o correspondente proxecto de trazado.

Por Decreto 23/1999, do 5 de febreiro, declárase a utilidade pública das mencionadas obras, e así mesmo, urxente a ocupación dos ben afectados por estas para efectos do prevido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta xefatura, en uso das súas facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Santiago de Compostela, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios de consideraren necesario.

Local: Centro Social de Vite. R/ Carlos Maside, s/n.

-Día 22 de marzo de 1999, das 10 a 12 horas.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución podendo facerse acompañar, pola súa conta, se o estiman oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no BOE ou ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante esta Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña, praza Luis Seoane s/n, 8ª planta, as alegacións que estimen pertinentes con obxecto de emendaren posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 19 de febreiro de 1999.

José Luis Rodríguez Alonso

Enxeñeiro xefe