Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 02 de marzo de 1999 Páx. 2.419

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 28 de xaneiro de 1999, acordou aprobar inicialmente o plan especial de mellora do medio rural no predio Casas Novas, Anide, Larín, Arteixo, para a realización do centro hípico, das NN.SS. de planeamento vixentes en Arteixo, promovido por José Delgado Gómez, en representación de Grilse, S.L., e redactado polo arquitecto Fernández-Gago, que queda sometido á información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presentalas alegacións que consideren convenientes. (Expediente 38/1998. PPE).

Arteixo, 4 de febreiro de 1999.

Manuel Pose Miñones

Alcalde