Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 01 de marzo de 1999 Páx. 2.278

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 5 de febreiro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se notifica a María Nieves Porta a resolución do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais do 27 de outubro de 1998.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselle á interesada a resolución do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais do 27 de outubro de 1998, pola que se desestima o recurso ordinario interposto por María Esther López Conde, en nome e representación de María Nieves Porta, contra a resolución do secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 18 de xuño, pola que se autoriza o traslado da oficina de farmacia situada na rúa Camelias, bloque 24, local 60, do concello da Coruña, solicitado por Rogelio Martínez Rodríguez ó novo local situado no Boulevard Los Rosales, bloque 28-B, local 1, no mesmo concello; a súa parte dispositiva di:

«Desestima-lo presente recurso ordinario interposto por María Esther López Conde, do 4 de agosto de 1998, no nome e representación de María Nieves Porta, contra a resolución do secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 18 de xuño de 1998, pola que se autoriza o traslado da oficina de farmacia situada na rúa Camelias, bloque 24, local 60, do concello da Coruña, solicitado por Rogelio M. Martínez Rodríguez ó novo local situado no Boulevard Los Rosales, bloque 28-B, local 1, no mesmo concello.

Fáiselle saber que, de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pode interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co disposto no artigo 74 da Lei de demarcación e planta xudicial, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte

ó da notificación, segundo o artigo 58 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, ou exercer calquera outro que considere pertinente».

Para que conste e lle sirva de notificación á interesada, expido, asino e selo a presente cédula, en Santiago de Compostela o 5 de febreiro de 1999.

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais