Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 01 de marzo de 1999 Páx. 2.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 1999, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), polo que se relacionan requerimentos de documentación pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Folgar Moraña, Loyda e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse: requerimentos de documentación pendentes de notificar despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 35 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións) con enderezo na Praza de América, bloque 1, portal oficinas 2ª planta Vigo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 12 de xaneiro de 1999.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

Interesado: Folgar Moraña, Loyda. DNI: non consta. Vázquez Varela, 32, Vigo.

Procedemento: imposto transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Expediente 24165/1994.

Interesado: SCI Gestión, S.A. DNI: non consta. Amador de los Ríos, 4-5º, Madrid.

Procedemento: imposto transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Expediente 18552/1995.