Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 01 de marzo de 1999 Páx. 2.272

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación (9/1999-10).

F. Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, fai saber que, neste xulgado se tramita xuízo de faltas 9/1999-10 por instancia de María Soledad Noya Dubra, contra Olaf Crespo Ribada, e nas súas actuacións, en resolución desta data, acordouse citar a Olaf Crespo Ribada co fin de que o día once de marzo, ás once cincuenta horas, compareza ante este xulgado co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas en calidade de denunciado, apercibíndoo de que, no caso de non o verificar, recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito e de que deberá comparecer asistido das probas das que intente valerse.

E para que conste e lle sirva de citación a Olaf Crespo Ribada, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o dezaseis de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado