Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 26 de febreiro de 1999 Páx. 2.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FORCAREI

EDICTO polo que se anuncia a aprobación definitiva do proxecto da obra de saneamento e pavimentación da rúa Alfredo González Barros, 2.

A Corporación Municipal, na sesión do día 21 de decembro de 1998, por maioría absoluta, acordou:

1. Resolver tódalas alegacións presentadas respecto ó acordo do Pleno do Concello, que tivo lugar o día 30 de outubro de 1998, sobre aprobación inicial do proxecto da obra de saneamento e pavimentación da rúa Alfredo González Barros, 2; declaración de utilidade pública das obras; necesidade de ocupación de bens; relación de bens e dereitos que se van expropiar e declaración de urxente ocupación dos terreos afectados.

2. Aprobar definitivamente o proxecto para a execución da obra de saneamento e pavimentación da rúa Alfredo González Barros, 2, redactado polo enxeñeiro técnico de obras públicas Alfredo Montero Vaz.

3. Declarar de utilidade pública as obras correspondentes ó dito proxecto.

4. Aproba-la relación concreta e individualizada dos bens e dereitos que se consideran de necesaria expropiación para a execución do dito proxecto, que é a seguinte:

Predio nº 3

Propietario: Camilo Novoa Sobrino e Concepción Penas Rey.

Situación: Soutelo de Montes.

Tipo de terreo: urbano.

Parte que se vai expropiar: 547 m.

Predio nº 4

Propietario: Francisco López Lois.

Situación: Soutelo de Montes.

Tipo de terreo: urbano.

Parte que se vai expropiar: 209 m.

Predio nº 5

Propietario: Hrdos. de José Rey González.

Situación: Soutelo de Montes.

Tipo de terreo: urbano.

Parte que se vai expropiar: 78 m.

5. Declara-la necesidade de ocupación dos ditos bens.

6. Solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa.

Faise público para xeral coñecemento e para os correspondentes efectos.

Forcarei, 27 de xaneiro de 1999.

Manuel Brea Porto

Alcalde

C0NCELLO DE MURAS