Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 26 de febreiro de 1999 Páx. 2.198

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARRO

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual número 1 do PXOM.

O Pleno do Concello de Barro, en sesión que tivo lugar o 8 de febreiro de 1999, aprobou definitivamente o expediente da modificación puntual número 1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Barro.

O citado expediente ten por finalidade modifica-lo trazado e o largo da rúa de Outeiro, que dá acceso ó IES do lugar de Outeiro, da parroquia de Perdecanai deste termo. Supón esta modificación que o largo previsto no PXOM de 10 m queda agora en 12 m cun aumento progresivo ata os 18 m nas inmediacións do centro.

Con este acordo remata a vía administrativa, polo que se poderá interpoñer contra el recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poida exercer, de se-lo caso, calquera outro recurso que coide oportuno.

Barro, 10 de febreiro de 1999.

María Teresa Roig Olona

Alcaldesa