Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 26 de febreiro de 1999 Páx. 2.186

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

MINISTERIO DE EDUCACIÓN E CULTURA

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 1999, da Secretaría Xeral do Consello de Universidades, pola que se anuncia a data en que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que terán que xulga-los concursos para a provisión de vacantes dos corpos docentes universitarios que se citan.

Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo adxunto, e dando cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro); no artigo 1 do Real decreto 1427/1986 do 13 de xuño (BOE do 11 de xullo), e no artigo 17, e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (BOE do 27).

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas indicadas no citado anexo, con fin de designa-los membros das comisións que teñen que ser elixidos por este procedemento para o día 11 de marzo de 1999, ás dez horas, realizándose aqueles polo sistema aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades, na súa sesión do 14 de xullo de 1995, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no anexo citado.

Os devanditos sorteos celebraranse no Consello de Universidades (Cidade Universitaria, s/n, 28040 Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data da presente resolución, faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Universidades.

Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

Pertenzan á mesma universidade á que corresponda a praza.

Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.

Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 6 de marzo de 1999, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, s/n, 28040 Madrid).

Nos concursos nos que non existan suficientes profesores do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, haberá que se ater ó previsto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

O que lle comunico para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 8 de febreiro de 1999.

Rafael Anes Álvarez

Vicesecretario xeral do Consello de Universidades

ANEXO

Universidade: Santiago de Compostela.

Concursos convocados por resolución da universidade do 7-10-1998 e BOE do 2-11-1998.

Concurso nº:1620.

Nº de sorteo: 37221.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: historia antiga.

Presidente titular: Francisco Javier Fernández Nieto.

Vocal secretario titular: José Carlos Bermejo Barrera.

Concurso nº: 1621.

Nº sorteo:37222.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: producción vexetal.

Presidente titular: Miguel Ángel Blanco López.

Vocal secretario titular: Ángel Manuel Mingo Castel.

Concurso nº: 1622.

Nº sorteo: 37223.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: xeografia física.

Presidente titular: Juan Francisco Mateu Belles.

Vocal secretario titular: José Luis Peña Monne.

Concurso nº: 1623.

Nº sorteo: 37224.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Áera de coñecemento: didactica e organización escolar.

Presidente titular: Carlos Rosales López.

Vocal secretario titular: M. del Carmen Váquez Alemán.

Concurso nº: 1624.

Nº sorteo: 37225.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: física teórica.

Presidente titular: José Manuel Fernández de Labastida y del O.

Vocal secretario titular: Alfonso Vázquez Ramallo.