Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 1999 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e mediante concurso, da obra denominada: proxecto reformado do pavillón polideportivo da Cañiza.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da referida obra por importe de 43.536.584 ptas. (261.660,13 euros).

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación empresarial: grupo c, subgrupos 1, 4, 6, 7, 8 e 9, categoría c.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Tfno. 986 80 41 01.

Pontevedra, 15 de febreiro de 1999.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado