Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, da subministración de material de oficina, informático (consumibles, harware e software), papel para fotocopiadora, etiquetas e impresos.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 11989/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración por lotes de materia de oficina, (consumibles, hardware e software), papel para fotocopiadora, etiquetas e impresos.

Unidades que hai que entregar: véxase condicións técnicas.

Lotes:

Lote I: impresos (impresos do nº 1 ó nº 148) (6.600.000 ptas.).

Lote II: impresos papel continuo 1 (372.000 ptas.).

Lote III: impresos papel continuo 2 (279.000 ptas.).

Lote IV: impresos papel continuo 3 (750.000 ptasl).

Lote V: papel para fotocopiadora (A3 e A4 2.700.000 ptas.).

Lote VI: material de oficina (2.500.000 ptas.).

Lote VII: etiquetas (353.600 ptas.).

Lote VIII: consumibles informáticos (3.833.800 ptas.).

Lote IX: hardware 1 (705.000 ptas.).

Lote X: hardware 2 (520.000 ptas.).

Lote XI: software (205.000 ptas.).

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entraga:

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: o que figura no punto 2 deste anuncio.

5. Garantías: provisional: dispensada.

Defintiva: 4% do lote que resulte adxudicatario.

6. Obtención de documentación e inforamción: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pz. do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a exisida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obliga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade; véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase a cláusula 11.3 do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 15 de febreiro de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde