Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERREI

EDICTO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 27 de xaneiro de 1999, aprobou o expediente de contratación por concurso en procedemento aberto, declarado de tramitación urxente, das seguintes obras:

1. Recuperación do conxunto arquitectónico-relixioso de Vilaza.

2. Actuación patrimonial sobre a necrópole de Medeiros.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Monterrei.

b) Dependencia que tramita os expedientes: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto e lugar de execución:

1. Recuperación do conxunto arquitectónico-relixioso en Vilaza.

2. Actaución patrimonial sobre a necrópole en Medeiros.

b) Prazo de execución:

1. Seis meses.

2. Seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

1. Recuperación conxunto arquitectónico en Vilaza: 5.903.418 ptas.

2. Actuación na necrópole en Medeiros: 5.874.513 ptas.

5. Garantías.

1. Recuperación conxunto arquitectónico de Vilaza: provisional, 118.068; definitiva, 236.136.

2. Actuación na necrópole de Medeiros: provisional, 117.490; definitiva, 234.980.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Monterrei.

b) Domicilio: Rúa Fontiñas, nº 2.

c) Localidade e código postal: Monterrei, 32618.

d) Teléfono: 988 41 80 02.

e) Telefax: 988 42 57 00.

f) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural, contado desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG e no BOP.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixe.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da última publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no BOP (se coincidise con sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: o modelo de proposición e a documentación que presentarán os licitadores será a prevista no prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Monterrei.

2ª Domicilio: rúa As Fontiñas, nº 2.

3ª Localidade e código postal: Albarellos, 32618.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Monterrei.

b) Domicilio: rúa As Fontiñas, nº 2.

c) Localidade: Albarellos.

d) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal, a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

e) Hora: 12 horas.

10. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Monterrei, 28 de xaneiro de 1999.

O alcalde

Rubricado