Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 24 de febreiro de 1999 Páx. 2.107

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o 29 de outubro de 1998, aprobou definitivamente a delimitación da unidade urbanística das pareclas propiedade de José Manuel Santé Rivera e outros C.B, sitas na rúa México, de acordo co expediente tramitado para o efecto, que ten un acordo do teor seguinte:

«O Concello Pleno, en sesión celebrada o 30 de xullo de 1998, aprobou inicialmente a delimitación da unidade urbanística 8/1998, no alargamento B, que abrangue as parcelas propiedade de José Manuel Santé Rivera e outros C.B, sitas na rúa México, cualificadas no Plan xeral como edificables en 344,25 m e como zona verde V-55 en 523 m na segunda parcela, no ámbito da UR-20. No Diario Oficial de Galicia do 1 de setembro de 1998 e en El Ideal Gallego do 25 de agosto de 1998 publicouse o anuncio de aprobación inicial, que se someteu á información pública polo prazo de vinte días. Cumpridos os trámites de información pública e ó non se presentar reclamación ningunha, segundo consta no certificado do rexistro xeral, a Comisión Informativa de Urbanismo e Infraestructuras, na sesión celebrada o 1 de outubro de 1998, en votación ordinaria e por unanimidade, acordou proporlle ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo: aprobar definitivamente a delimitación da unidade urbanística

8/1998 no alargamento B, que abrangue as parcelas propiedade de José Manuel Santé Rivera e

outros C.B, que compoñen as dúas zonas da unidade: zona 1: parcela de 344,25 m destinada a edificación residencia, coas seguintes estremas: norte, rúa Ponzos e rúa México; leste, rúa México; sur, parcela de Juan Eirín, e oeste, a mesma propiedade e Acebedo Conde. Zona 2: parcela de 523 m destinada a zona verde de sistema local (V-55) que linda: norte, beirarrúa peatonal; sur, bordo da estrada de Trincheira; leste, mesma propiedade, e oeste, parcela municipal. Os terreos comprendidos na unidade teñen a clasificación de solo urbano.».

O que se fai público para xeral coñecemento, e poderase interpor contra a mencionada aprobación recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG, sen prexuízo de calquera outro que se considere procedente.

Ferrol, 17 de novembro de 1998.

O alcalde

Rubricado