Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a
urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Título: L.M.T., C.T. e R.B.T. San Salvador-Marco.
Situación: Meis.
Características técnicas: L.M.T., aérea a 20 kV, de 350 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio s/n da derivación ó C.T. San Salvador, rematando no C.T. que se proxecta en Marco, concello de Meis. C.T.
de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 485 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.
Pontevedra, 13 de xaneiro de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: 98/359. Provincia: Pontevedra.
L.M.T.-C.T.-R.B.T. San Salvador-MarcoTermo municipal: Meis.
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Solo Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m ml m
36637 Meis
36637 Meis
4 A Carballeira Viñedo Mercedes Pontevedra Fontán Marco-San Salvador, s/n,
7 70
6 A Carballeira Viñedo Mª Teresa Paz Torres Quintáns-San Vicente, 2,
10 100
8 Adán Prado Manuel Rodiño González Barreira-Louzán-San Salvador, 4, 36637 Meis 2 1 40 400
9 Adán Prado Arturo Rodiño Barros Lucio-San-Salvador, 10, 36637 Meis 2 1 16 160