Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 24 de febreiro de 1999 Páx. 2.094

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular de transporte de viaxeiros por estrada a feiras e mercados: F-2846; XG-315, do Pindo, Carnota e Muros a varios puntos.

O acordo directivo do 30 de novembro de 1998, autorizou a transmisión da concesión de referencia a favor da empresa José María Maceiras Suárez, S.L. por cesión do seu anterior titular, José María Maceiras Suarez, S.A

O que se publica unha vez cumpridos os requisitos as que se condicionou a dita autorización, quedando

subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas da concesión.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes