Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 23 de febreiro de 1999 Páx. 2.039

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/256-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: praza da Constitución, 17, 15270 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T. 100 kVA en Cebráns (Fumiñeo e Cebráns) R.B.T.

Situación: Muxía.

Descricións técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56: de 2.062 m de lonxitude, con orixe na liña Muíños-Allo (expediente 27866) e remate no C.T. Fumiñeo, para instalar. De 50 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 6 da anterior e remate no C.T. Cebráns, para instalar. Centros de transformación aéreos, sobre apoios de formigón, de 100 kVA/U e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Fumiñao e Cebráns, dos que parten redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 145 m e 250 m respectivamente. Muxía.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 26 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña