Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 23 de febreiro de 1999 Páx. 2.011

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 22 de febreiro de 1999 sobre delegación de atribucións no secretario xeral para as Relacións cos Medios Informativos.

Mediante Decreto 350/1997, do 10 de decembro, polo que se determinan os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, créase a Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos. Polo Decreto 13/1998, do 8 de xaneiro, establécese a estructura orgánica da dita secretaría xeral, así como a súa dependencia funcional do presidente da Xunta de Galicia e orgánica da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

A necesidade de axilizar no posible todos aqueles asuntos que non esixan unha atención directa e persoal do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, aconsella que este delegue no secretario xeral para as Relacións cos Medios Informativos determinadas funcións, o que sen dúbida repercutirá beneficiosamente no funcionamento da Administración autonómica.

Na súa virtude, facendo uso das facultades que me confiren os artigos 38, 43.3º e 44 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, na redacción dada pola Lei 11/1988, do do 20 de outubro, e o disposto no artigo 72.4º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 26 de novembro, e demais disposicións de aplicación xeral,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Delégase no secretario xeral para as Relacións cos Medios Informativos as seguintes atribucións:

a) A autorización e disposición dos gastos dos servicios contidos no progama 361.A, da sección 04, servicio 06 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma e o recoñecemento das obrigas e a proposta de pagamento relativos a elas, excepto respecto dos gastos contidos no capítulo I.

b) As funcións que como órgano de contratación lle estean atribuídas ó titular da consellería incluídos os convenios de colaboración e cooperación, en temas relacionados coas relacións cos medios informativos as partidas orzamentarias dos cales estean recollidas dentro do programa 361.A., dos mencionados sección e servicio orzamentario.

Artigo 2º

As resolucións administrativas que se adopten facendo uso das delegacións contidas nesta orde farán constar expresamente esta circunstancia e considéranse dictadas polo órgano delegante.

Artigo 3º

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública poderá reclamar para si, en calquera momento, o exercicio das competencias delegadas por esta orde, das que quedan excluídos en todo caso os supostos previstos nos artigos 13.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 26 de novembro e 4.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, na redacción dada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 17 de febreiro de 1998 e cantas outras de igual ou inferior categoría se opoñan ó establecido na presente orde.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública