Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 23 de febreiro de 1999 Páx. 2.000

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 8 de febreiro de 1999 pola que se nomean vocais do Consello Galego de Servicios Sociais e dos consellos provinciais.

O punto 1º do artigo 5 do Decreto 336/1994, do 27 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, no relativo ós consellos de servicios sociais, establece que a duración do mandato dos vocais representativos será de catro anos, sen prexuízo da súa reelección e da posibilidade de substitución dos titulares e suplentes durante o dito período, por proposta da institución, asociación ou entidade a que represente.

Así mesmo, o punto 3º do devandito artigo establece que os vocais do Consello Galego de Servicios Sociais serán nomeados polo presidente do consello, por proposta da institución, asociación ou entidade a que representen, e o nomeamento deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia.

A Consellería de Sanidade e Servicios Sociais notificou con data do 9 de decembro de 1998 a proposta de modificación do suplente da súa representación no Consello Galego de Servicios Sociais;

Con data do 12 de decembro de 1998, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo notifica a proposta de modificación da súa representación no Consello Galego de Servicios Sociais;

A Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en Ourense notificou con data do 5 de xaneiro de 1999 a proposta de modificación de representantes no Consello Provincial de Servicios Sociais;

Por todo o anterior, en aplicación do disposto no artigo 5 do Decreto 336/1994, do 27 de outubro, e en uso das facultades que me atribúen os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.

Nomear vocais titulares e vocais suplentes do Consello Galego de Servicios Sociais e dos Consellos Provinciais as seguintes persoas:

1. Consello Galego de Servicios Sociais.

I. En representación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais:

Suplente: Laura Calvo López.

II. En representación de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo:

Titular: Carlos Rey López.

2. Consello Provincial de Servicios Sociais de Ourense.

I. En representación da Cruz Vermella Española:

Titular: Carlos Bragado Gutiérrez.

Suplente: Joaquín Galicia Salgado.

II. En representación de Cáritas Diocesana:

Titular: Roxelio Rodríguez Novoa.

Suplente: Manuela Padín Millán.

III. En representación do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais:

Titular: Mª Jesús Santos Santos.

Suplente: Ángeles Penedo Pita.

IV. En representación do Colexio Oficial de Sociólogos de Galicia:

Titular: Pilar Tamerón Montesinos.

Suplente: Teresa Grandín García.

V. En representación da Unión Xeral de Traballadores de Galicia:

Titular: Mª Isabel González Jardón.

Suplente: José Benito Cibeiro Formigo.

VI. En representación da Unión de Consumidores de Galicia- UCE:

Titular: Felicitas Maza Magallón.

Suplente: José Manuel Bouzo Limia.

VII. En representación da Asociación Provincial de Pensionistas e Xubilados:

Titular: Manuel Pereira Sarria.

Suplente: Ricardo Cruz Reguengo.

VIII. En representación da Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais:

Titular: José Selas Souto.

Suplente: Mª Luisa López García.

IX. En representación da Confederación Empresarial:

Titulares:

José Manuel Pérez Garrido.

Julia Leal Sánchez.

Angelines González I. Quintela.

Suplentes:

Luisa Polo Estévez.

Mª del Mar Vázquez Fernández.

Nieves González García.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 1999.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais