Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 22 de febreiro de 1999 Páx. 1.996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria mediante concurso, da subministración de suturas absorbibles.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na alínea i) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88 do 11 de maio), convoca expediente de contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, mediante concurso, da subministración de suturas absorbibles.

1. Obxecto e orzamento.

A subministración de suturas absorbibles, por un orzamento máximo de dezasete millóns cento vintedúas mil trescentas oitenta e sete pesetas (17.122.387 ptas.) (IVE incluído).

2. Prazo de entrega.

O material obxecto do presente concurso público deberá de ser entregado no prazo dun mes contado, a partir da data de notificación de adxudicación.

3. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poder ser solicitada no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa s/n. (27004) Lugo. Teléfono 982 29 65 52 e Fax 982 21 29 24.

4. Fianzas.

Deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de trescentas corenta e dúas mil catrocentas corenta e oito pesetas (342.448 ptas.) e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

5. Solvencia económica e financeira.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio de contratos das administracións públicas.

6. Solvencia técnica.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio de contratos das administracións públicas.

7. Clasificación.

Non se precisa.

8. Criterios de adxudicación.

Valoración técnica e calidade, ata 5 puntos.

Prezo, ata 4 puntos.

Prazo de entrega, ata 2 puntos.

9. Admisión de variantes.

Non se admiten variantes.

10. Presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

11. Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

12. Documentación que deberán achega-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 4 de xaneiro de 1999.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo