A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na
alínea i) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88 do 11 de maio), convoca expediente de contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, mediante concurso, da subministración de lencería dun só uso.
1. Obxecto e orzamento.
A subministración de lencería dun só uso, por un orzamento máximo de dezaseis millóns cincocentas noventa e oito mil oitocentas oitenta e cinco pesetas (16.598.885 ptas.) (IVE incluído).
2. Prazo de entrega.
O material obxecto do presente concurso público deberá de ser entregado no prazo dun mes contado, a partir da data de notificación de adxudicación.
3. Documentos de interese para os licitadores.
O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poder ser solicitada no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa s/n. (27004) Lugo. Teléfono 982 29 65 52 e Fax 982 21 29 24.
4. Fianzas.
Deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de trescentas trinta e unha mil novecentas setenta e oito pesetas (331.978 ptas.) e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
5. Solvencia económica e financeira.
Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio de contratos das administracións públicas.
6. Solvencia técnica.
Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio de contratos das administracións públicas.
7. Clasificación.
Non se precisa.
8. Criterios de adxudicación.
Valoración técnica e calidade, ata 5 puntos.
Prezo, ata 4 puntos.
Prazo de entrega, ata 2 puntos.
9. Admisión de variantes.
Non se admiten variantes.
10. Presentación de proposicións.
As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la
data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.
11. Apertura de proposicións.
A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
12. Documentación que deberán achega-los licitadores.
Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
13. Anuncios.
Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.
Lugo, 4 de xaneiro de 1999.
Fernando Varela Noreña
Director xerente do Complexo Hospitalario
Xeral-Calde de Lugo