Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 22 de febreiro de 1999 Páx. 1.989

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 22 de xaneiro de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución de subrogación na vivenda, con expediente C-2-CD/68, conta 1552, da cal foi titular Carmen Iglesias López, falecida o 21-10-1993.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós herdeiros de Carmen Iglesias López, a resolución de subrogación do 19 de xaneiro de 1999, na vivenda sita en Ferrol, polígono de Caranza, bloque 20, portal 5, 1º D (expediente C-2-CD/68, conta 1552) en cumprimento do establecido na cláusula IX do contrato de acceso diferido da devandita vivenda e do establecido no libro III, título III do Código civil, sobre sucesións.

Contra a presente resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso ordinario no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a esta notificación ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 25 de xaneiro de 1999.

Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo da Coruña