Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 22 de febreiro de 1999 Páx. 1.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da subministración de folletos e carteis para a campaña de verán 99.

A Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

c) Número de expediente: 3/1999.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: maquetación, deseño e subministración de carteis e folletos informativos da campaña de verán 99.

b) Prazo de execución: 15 días a partir da data de adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: tres millóns novecentas mil (3.900.000) ptas., con IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Enderezo: San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 56 37.

e) Fax: 981 54 56 26.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de partacipación.

a) Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusual 10ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2º Domicilio: San Caetano, s/n.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Ou por calquera dos xeitos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 58 43), ou telegrama, no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Enderzo: San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: cuarto día natural, contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo da presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día habil seguinte.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 1999.

P.D. (Orde 16-12-1997)

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude